ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A parroquia fenesa de Sillobre prepárase para acoller a II Convivencia Interxeracional. Como ocurrira hai un ano no Pote de Maniños, numerosas actividades devirán durante a xornada do proximo domingo na que se pretende o encontro entre novos e maiores.
Os xogos tradicionais son o prato forte dese encontro, pero tamén se bota man de toda a infraestructura musical, artesanal e deportiva do municipio. Ata un total de 8 obradoiros, cos seus monitores correspondentes, ofertaranse para pasar unhas horas da xornada.
Asistiremos a exposicións, escoitarase a musica da Banda de Gaitas Airiños de Fene ou das Bolboretas de Barallobre.
Os xogos tradicionais e a chave entre eles manterán aos participantes en Sillobre durante todo o domingo dia 21. Organiza a II Convivencia Interxeracional a Área de Benestar e Igualdade municipal, patrocina a Deputacion provincial e colaboran diferentes entidades, as aVV de Santo San Marco e a de Sillobre ; ASPANEPS, Agarimo e Amigos da chave de Ferrolterra.