A Sillobre, en amor e compañía

A Sillobre, en amor e compañía

19 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O domingo a parroquia de Sillobre acollerá II Convivencia Interxeracional “Un paseo na memoria”, a culminación do programa de envellecemento activo que levou adiante a área de benestar e dinamización social de Fene, patrocinado pola Deputación Provincial.

A idea deste día e xuntar esforzos e habilidades de nenos e maiores, nun ambiente que lembre as romarias de antano. Este ano o escenario será Sillobre, en todo o entorno da igrexa e de Agarimo, segundo nos explica a técnica municipal deste programa, Mª Xosé Paz.& O domingo ás 12,30 empezará a convivencia interxeracional na que se entrelazarán as actividades realizadas nos ultimos meses. Por eexemplo o taller de memoria no que participaou un grupo de eprsoas maiores, aportará un obradoiro de fabricación de xoguetes antigos. Os do voluntariado social aportan un obradoiro de petiscos...O alumnado de ASPANEPS colabora cun obradoiro de chapas e unha exposicion-venda dos traballos que realizan no centro. Porque diso se trata, segundo a concelleira de Benestar, Rita Couto. Ao longo da xornada haberá xogos tradicionais, pero tamén se bota man da infraestructura musical e deportiva, coa actuacion da Banda Airiños de Fene e Bolboretas ou o xogo da chave.   Ata un total de 8 obradoiros ofertaranse para pasar unhas horas da xornada.
 
Organiza a II Convivencia Interxeracional a Área de Benestar e Igualdade municipal, patrocina a Deputacion provincial e colaboran diferentes entidades, as AVV de Santo San Marco e  de Sillobre, ASPANEPS, Agarimo e Amigos da chave de Ferrolterra.

Sociedade