Sillobre honra ás súas lavandeiras

Sillobre honra ás súas lavandeiras
01 de Xaneiro, 2008 - 12:00 h. | Publicada por

O V Encontro de Lavandeiras de Sillobre celebrase o sabado 5 de maio. Unha churrascada ao mediodía; a recreación do lavado pola tarde e un festival folck pola noite son o trípode dunha festa que recoñece un oficio feminino, o das mulleres de Sillobre que lavaban para as familias ferrolás. O programa comenza cunha misa ás 13,00h na honra das lavandeiras. O forte da cita empeza ás 16.30h coa saída en lancha do peirao de Perlío para atravesar

A xente vai caracterizada de época e portando os fardos da roupa que as mulleres xa levaban limpa e traendo de novo a suxa para lavar nas augas do Belelle. Ás 17.30h será o retorno na lancha de Ferrol a Perlío. Alí agarda un carro para transportar as sabas ata Sillobre, un percorrido que se fai a pe.

Dende as 19.30h fáise a recreación do lavado nun lavadoiro detrás do adro da igrexa de Santa Mariña de Sillobre. Os obradoiros artesáns e as actuacións das escolas de Airiños de Fene e  do grupo de teatro fánse no mesmo adro da igrexa.

Ao longo do día a Sociedade Agarimo organiza a mantenza da xente, propondo unha churrascada ás 14:00h e unha merenda  con liscos e chourizos ás 20,30h. Nos dous casos o prezo é de 10€ e é necesaria a inscripción previa no 630 589 635 ou no propio local de Agarimo.

Un Festival folk con Airiños de Fene e Lenda Ártabra en Agarimo, contra as 22:00 h, porá o colofón ao V Encontro de Lavandeiras de Sillobre.

Sociedade