Sillobre, todo son costas

Sillobre, todo son costas
13 de Abril, 2021 - 01:43 h. | Publicada por Radio Fene

Fene na memoria visita Sillobre para conversar coa veciña Geluca Soto, activa usuaria dos obradoiros de memoria.

ESCOITA O PODCAST:

Ao ritmo de Ana Kiro, unha simpática veciña de Sillobre, Geluca Soto, protagonizou o obradoiro “ Fene na memoria”. Con ela camiñamos desde Ulfe – lugar onde vive dende hai 60 anos- á canteira, pasando por Buio. “As pernas van ben pero o motor xa non funciona tan ben” afirma Geluca, unha muller colaborativa que é unha das almas do Encontro de Lavandeiras que se celebra ou celebraba nesta parroquia. Entre refrán e refrán, nos que se amosa certeira, cóntanos que en Sillobre todo son costas, pero peor que iso é non ver a ninguén polas rúas. “Todo está morto” afirma para concluír que, como sigamos así, imos acabar mal. O psicólogo Jaime Lendoiro deixou un reto para facer na casa todos os usuarios e usuarias das Tardes Activas. Nesta ocasión imos aprender idiomas. A proba consiste no seguinte: escollemos un idioma, inglés, alemán, francés, italiano… Escollemos cinco palabras dese idioma, apuntámolas e aprendémolas. Todo sexa por enriquecer a nosa mente e os nosos coñecementos. Nunca é tarde.

 

(Imaxe de radiofusión.eu. Lavandeiras de Sillobre)

Sociedade

Publica o teu comentario agora