ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Anxo Angueira acaba de publicar “Palmeiras, piueiros”, un dos seus libros máis ambiciosos, 18 poemas narrativos pero tamén líricos, épicos, elexíacos, case todos longos, algúns longuísimos (máis de 300 versos e catorce páxinas). O actual presidente da Fundación Rosalía de Castro explicou no clube de lectura de Radiofusión as características deste volume, publicado tras quince anos de silencio poético.
A creación xira en torno a dúas palabras e dous conceptos clave, a palmeira e o piueiro, a morte e o renacemento, que simbolizan toda unha viaxe sobre a nosa presenza no mundo, a partir dunha voz propia, a voz de Angueira, adquirida xa en “O valo de Manselle”, unha voz propia enriquecida pola mestura de infinidade doutras voces literarias, que resoan nas súas composicións, sempre orixinais, e as voces populares das xentes do mar e da aldea, unha curiosa simbiose entre poesía culta e popular, erudición e oralidade, que quizais sexa a nota máis distintiva non só desta senón de toda a obra de Anxo Angueira.
Antonio Tizón
Publica o teu comentario agora