ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A parroquia de Maniños acollerá este sabado quizás un dos espectáculos máis interesantes do ano no concello de Fene. Sobre todo para os amantes da literatura en xeral e da poesía en particular. Trátase da presentación do libro de poemas “Ático” - Edicións positivas- dun natural desta parroquia de Fene, Arsenio Iglesias Pazos. Pero el non quería un acto aburrido, segundo confesou esta mañ&aac
Así que se lle ocurríu convidar a Lucía Aldao, María Lado, Eduardo Estévez e a Mario Requeira, para que presenciemos un auténtico combate poético, “A hostia en verso” que será unha especie de "cesta y puntos" entre dous equipos que cuspirán poemas dun e doutro lado para que o público vote os que máis lle gustan.
Iglesias quixo presentar a súa primeira obra poética nun lugar emblemático para el, a sociedade O Pote de Maniños onde medraron o neno e o mozo Arsenio. O combate poético convertido nunha especie de regueifa con poemas, “A hostia en verso” chámanos este sabado, ao Pote de Maniños, ás oito da tarde.