Simulacro de accidente na festa mariñeira de Barallobre

Simulacro de accidente na festa mariñeira de Barallobre
04 de Setembro, 2022 - 10:46 h. | Publicada por Radio Fene

A Policía local de Fene dirixiu o simulacro das operacións de rescate diante dun accidente marítimo no transcurso da festa mariñeira de Barallobre. O Helimer simulou unha evacuación por aire, sumándose tamén aos labores de localización das nove persoas "feridas". 

Fotografía: Xan Xe Corral

Fotografía: Xan Xe Corral

Unha vez realizadas as tarefas de rescate, colocáronse barreiras anticontaminación arredor do remolcador accidentado. Recreouse a extinción do incendio e o operativo concluíu co traslado do barco ás instalacións de Navantia Fene. 
Produtos do mar
O bo tempo rexistrado durante toda a xornada do sábado permitiu a asistencia de numerosas persoas á degustación gastronómica na ribeira de Barallobre. Sete entidades prepararon menús que incluían chocos con fabas, zamburiñas, croquetas de berberechos, ameixas con prebe de Magalofes ou polbo á feira. A música correu a cargo de Ukestra do Medio, Trikitrí e Os Zares.
 

Institucional

Publica o teu comentario agora