ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un grupo de persoas con discapacidade de COGAMI- Ferrol participan nesta xornada na singradura que terá lugar entre Ferrol e Sada. Proba que dará paso á seguinte etapa á travesía que une Sada con Laxe mañá mércores. Estas etapas forman parte dunha nova edición do Proxecto GAVEA 09 participando nesta undécima Volta Náutica a Galicia que percorrerá a costa galega ata Moaña
A singradura entre Ferrol e Sada parte ás doce da mañá do peirao ferrolán e chegará ao porto de Sada ás sete da tarde. Persoas con discapacidade de toda Galicia terán a oportunidade de embarcarse nesta ruta náutica a prol da súa normalización social.
A travesía lévase a cabo no veleiro Laión de 13 metros de eslora e cunha capacidade para 9 pasaxeiros. Destes 2 serán tripulantes, entorno a 5 serán participantes con algunha discapacidade e outras serán voluntarios que farán tarefas de acompañamento aos navegantes.
A embarcación conta cunha serie de adaptacións para facer practicable a navegación, como son unha grúa instalada na botavara que permite o embarque e desembarque de persoas con discapacidade.
O Proxecto GAVEA (Galicia Vela Adaptada ) naceu no ano 2002. A súa finalidade é a promoción e a participación voluntaria e altruísta dun conxunto de institucións públicas e privadas prestadoras de servizos sociais. Ao longo destes anos, máis de 2.000 persoas con discapacidade coñeceron e gozaron das sensacións que se experimentan en alta mar .