ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Festival Sinsal volve a quentar o outono vigués. Nesta ocasión por partida triple e con dúas bandas que son pura historia da música, dous auténticos fitos do rock, Half Japanese e Pere Ubu, pais da independencia, o punk e o alternativo que nas seguintes décadas impúxose a nivel internacional. Acompañando a estas dúas lendas vivas da música actual estará Sandra Kolstad
A artista nórdica e Half Japanes actuarán o sábado ás 20:30 horas no Museo Marco de Vigo, con entradas ao prezo de 15 euros ou 13 en venda anticipada. O mesmo prezo teñen os pases para ver a Pere Ubu esa mesma noite ás 23:30 horas na Sala Master. Existe un abono para todos os concertos que custa 20 euros ao mercalo con antelación ou 25 se é no día dos recitais.
Os concertos na sala semianecoica da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación continuarán coa presenza doutra banda galega, a electrónica experimental de Ulobit. Sinsal Anecoico é un proxecto que nace coa colaboración entre o Festival Sinsal, o Museo MARCO de Vigo e o laboratorio de acústica organizado por AtlanTIC na EE Telecomunicación da Universidade de Vigo.