ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O perfil de pacientes que necesita marcapasos é xente maior e soen ter patoloxias de todo tipo e por iso son especialmente fráxiles nesta época covid, segundo o cardiólogo Fernando García Lopez. Implantamos 170 marcapasos todos os anos na área sanitaria de Ferrol. “O último avance é o implante do marcapasos nun sitio distinto do convencional. “Agora colocámolo cunha nova técnica na parte esquerda do corazón e melloran os resultados” salienta o doutor García. O cardiólogo falabanos da edade media na que se recibe o primeiro marcapasos: 79 anos e medio.

“Fora do periodo do implante, a persoa con marcapasos pode levar unha vida normal, evitando unicamente movementos bruscos e secos na zona na que levan o dispositivo”. O “marcapasos sen cables” ou micra xa se implanta no CHUAC na Coruña e ten unhas ventaxas, xa que reduce as infeccións. Pero só é ´recomendable para certo tipo de pacientes. O marcapasos convencional implántase con anestesia local nunha cirurxia de aproximadamente unha hora ou hora e media. Stents e cirurxias de by-pass son outras alternativas para o tratamento das doenzas coronarias.
Publica o teu comentario agora