Sito Sedes, a voz de Galicia

Sito Sedes, a voz de Galicia

05 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Sito Sedes, actua esta tarde en Santiago de Compostela, xunto coa Ardebullo Bin Ban Orquestra, un proxecto creado no 2009 polas cantareiras de Ardebullo para recuperar o espiritu da verbena. Sito Sedes tamén grabará nas vindeiras semanas 5 boleros nun disco coa Big Band da Deputación de Ourense. Ademáis prepara un disco cos Satélites que se calcula finalizar en decembro.

Sito Sedes viviu desde os 4 anos en Sillobre (Fene A Coruña) cando entrou a traballar o seu pai en Astano. No adro da igrexa xogou á pelota e á billarda e alí achegouse ao mundo da música. Foi “Lolito o Rubio” quen o fichou para a Orquestra Atlántica de Pontedeume. Logo virían Sintonía da Coruña, Orquestra Radio, Os Key e os míticos Satélites.

O dia que fichou pola orquestra con máis sona de Galicia, chamou ao bar de Doro en Sillobre. Sabía que o seu pai estaría alí, e quería darlle a boa nova. Coñeceu e tratou a Pucho Boedo, pero non compartiu coa mítica voz dos Tamara, noites de xolda por Madrid. “Creo que era terrible” afirma Sito Sedes, vocalista durante 12 anos dos Satélites, voz inconfundible que vive e sinte os boleros coma ninguén.

Cultura