Skarallaos, Glasgow e Sinestesia no III Castelo Music Festival

Skarallaos, Glasgow e Sinestesia no III Castelo Music Festival

17 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A parroquia de Castelo, en Culleredo, celebra este sábado a terceira edición do Castelo Music Festival, que organiza asociación cultural e deportiva Castelo Deporte. Unha cita que este ano aposta polo pequeno formato e as bandas locais. A polideportiva será o escenario polo que pasarán os cullerdenses Skarallaos coa súa proposta de ska e reggae; ademais do pop-rock indie de Glasgow e Sinestesia. O cartel complétano os picadiscos Arxen DJ e DJ Farmer. As a

O Castelo Music Festival contará co espazo Castelo Lounge & Drink, que ofrecerá una grande oferta de comida e bebida ao longo de toda a noite e con prezos populares. Ademais, habilitarase unha zona de acampada no recinto.

O festival coincide por primeira vez a sábado, despois de celebrarse as edicións anteriores a xoves, e precede ás festas parroquias de Castelo, que se celebrarán do 26 ao 28; e aos partidos de fútbol entre veciños que se celebrarán este domingo, para dar paso do luns 22 ao venres 26 ao Castelo Deporte 2011, unha semana de fútbol sala e fútbol virtual na sexta edición dun dos maratóns deportivos máis importantes de Galicia.

 

Cultura