Soñar coa Copa

Soñar coa Copa
14 de Maio, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Sabíamos que ía ser un partido complicado ante un equipo que se xoga o título de Liga nun campo de dimensións reducidas”. Valoración do adestrador do Perlío feminino, Rafa Afonso. Eirís 3-1 Perlío. Na Terceira División Galega. Agora o Perlío prepara a final da Copa que disputará contra o Val o sábado, día 17.

ESCOITA O PODCAST:

“Moi contento coas xogadoras, non foi un partido fácil ante un rival que está disputar a Liga”. Malia o resultado, felicítase o míster porque as xogadoras foron quen de dar un paso ao fronte e mesmo chegaron apoñer nerviosas ás rivais nun partido que “quizais se nos fixo un pouquiño longo e o desgaste notouse”. Tamén felicita ao Cultural Maniños polo titulo de Liga e o ascenso a Preferente do primeiro equipo masculino e deséxalles “que teñan moita sorte na vindeira tempada”. 

Final da Copa 

“Un día de recordo para as miñas xogadoras, contamos que a xente de Perlío se achegue a animarnos e que nos dean ese plus para facer fronte á calidade do Val”. Esta semana o equipo preparase para a final da Copa que lle pelexaran a un equipo da Primeira División Galega. Sábado 17 de maio, 12:00, A Gándara 2.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora