ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
'DAYDREAMING'. O primeiro disco de María López, unha moza veciña de Neda que domina varios instrumentos, está a ter moi boa acollida “Estou moi agradecida”, declarou en Radio Fene.

“Un pequeno gran de area na dignificación da zanfona e da gaita”. María López toca zanfona, gaita, flauta e piano. No seu disco interpreta pezas que lle gustan “intento adaptalas aos instrumentos que eu toco, sempre respectando as súas características”. Doce pezas de clásicos como Bach, Schubert ou Xoán Montes e tamén unha composición propia, “Avolta”, “a miña primeira composición, por iso quixen incluíla neste disco”.
María López é moi nova, estuda na Enxeñería Industrial e ten xa unha dilatada traxectoria musical. Con 14 anos gañou un prestixioso premio no Festival de Lorient e tamén es coautora do libro/disco “As que dormen entre o centeo”. No seu historial tamén hai colaboracións por exemplo con BellonMaceiras, Susana Seivane e Carlos Núñez.
Publica o teu comentario agora