So un partido

So un partido
30 de Abril, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Non puido vencer ao Victoria C o Perlío o domingo na Coruña. Na Terceira División Galega Victoria C 5-0 Perlío. “O equipo buscou o gol da honra máis con corazón que con cabeza, o marcador di todo”, lamenta o adestrador Rafa Afonso. 

ESCOITA O PODCAST:

“Sabíamos que era complicado, chegamos con algunha baixa importante a un campo de grandes dimensións e facía moita calor, pero  non podemos buscar escusas”. O míster entona o mea culpa. “Equivoqueime na formulación inicial e cando intentei corrixir xa iamos 2-0”. Pero mira para diante “pensando xa na seguinte xornada, na casa para resarcirse desta derrota”.

Deportes

Publica o teu comentario agora