ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
"Nunca vira unha moción de censura tan desprezable politicamente" afirmou a portavoz do BNG Ana Pontón referindose á iniciativa que este xoves votará a Corporación de Lugo. A dirixente nacionalista calificou de "unha forma de corrupción" o pago do voto da edil tránsfuga Maria Reigosa.

O Presidente da Xunta Alfonso Rueda deixou a porta aberta a unha praza na administración autonómica para a concelleira tránsfuga que respalda a moción de censura de Lugo. PSOE e BNG agardan aínda unha “marcha atrás” de María Reigosa, que imposibilitaría o acceso de Elena Candia, á alcaldía da cidade das Murallas. A lei rexeita que os concelleiros tránsfugas poidan acceder a melloras económicas ou políticas dentro do concello, o que quere dicir que non pode formar parte do futuro goberno do PP nin cobrar máis. Ana Santiago, Anxos García Fonte, Manuel do Val e Emilio Romero falaron en “Vellas novas” do transfuguismo.
Fotografía Xan Xe
Ana Pontón en Radio Fene
Publica o teu comentario agora