ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Non se sabe quen mandou construílo, pero o sitio foi ben elixido. Nun outeiro rochoso á beira do río Castro, levántase o Castelo de Naraío. Unha fortaleza situada no concello de San Sadurniño que nos propón visitar a técnica en Turismo Estefanía Purriños.
“Nas escavacións realizadas no 2008 descubriron ata 3 muros perimetrais, que facían inexpugnable á edificación, con capacidade para resistir durante meses grazas ó alxibe de auga”, informou Estefanía Purriños. Sábese que no século XI xa estaba en construción. Puido pertencer aos PIñeiro, arrebatado no 1364 por Pedro I a favor de Fernán Pérez de Andrade, o Boo. Unha década mais tarde o rei Henrique II de Trastámara confírmalle a propiedade, disque polo apoio a este rei xa que Fernán Pérez parece ter participado no asasinato de Pedro I, explicou a especialista en Turismo.
O castelo sufriu as dúas revoltas irmandiñas, no 1431 e no 1466 ó 1469. Trala derrota dos Irmandiños, eses foron castigados a traballar na súa reconstrución. Co tempo e cos casamentos o castelo pasa a mans dos Alba, que é a propietaria actualmente. O castelo estivo abandonado dende principios do século XVII, e as súas pedras foron empregadas para a construción das casas da contorna, así como a presa e a central hidroeléctrica.
Publica o teu comentario agora