A sobreira e o viño

A sobreira e o viño
08 de Febreiro, 2022 - 10:50 h. | Publicada por Radio Monforte

A viticultura no canón do Sil non é mecanizada. A elevada pendente obriga a traballar de xeito artesán. As adegas como a de Algueira, buscan producir un viño diferente. Non cantidade senón calidade. Aproveitar a maxia do lugar, un microclima espectacular e un chan de lousa e de xistos que crea brancos e tintos elegantes, sutís con texturas marabillosas. Algueira cultiva 27 hectáreas e producen 18 viños porque foxen da uniformidade para centrarse na calidade de cada parcela. 

ESCOITA O PODCAST:

Fernando González, da adega Algueira
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/040222GONZALEZ.mp3
Euloxio López, da comunidade de montes de Doade
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/040222LOPEZ.mp3

Fernando González, Euloxio López, a viña e o río Sil

Os bodegueiros aproveitaron a pandemia para facer reformas, adaptar os viñedos e reorganizar a estratexia. Lugares máxicos e espectaculares están cheos de paz, tranquilidade e saúde. Moitos grupos foráneos xa puxeron os seus ollos na zona. Algúns saben respectar a identidade. No eido do viño, Galicia está de moda, no mellor momento da súa historia. 

Non todo é viño. 

A comunidade de montes de Doade en Sobre quere reforestar con 3.700 sobreiras un monte veciñal afectado polo lume. Son seis hectáreas situadas en pleno canón do Sil. A sobreira, ou alcornoque, é unha árbore de curto crecemento e gran lonxevidade. A rendibilidade máis inmediata pasa pola produción de cortizo na súa codia. É unha aposta por recuperar elementos perdidos da paisaxe local coa súa singularidade. Pretendese reforestar as terras degradadas con arbores vencelladas á zona, segundo os promotores do proxecto. 
Euloxio López, alcalde de Cangas do Morrazo polo BNG en 1995. Agora é secretario da comunidade de montes de Doade en Sober. A sobreira ten unha gran capacidade de retención de CO2. A súa importancia na loita contra o cambio climático leva moito tempo sendo destacada polos científicos. O proxecto tamén pretende facer barreiras contra incendios, e nestas ladeiras con forte desnivel, que a terra non se degrade. Unha vexetación que non sexa piñeiro nin foránea. Esta é unha terra de viño e o cortizo ten que estar tamén vencellado con el.conclúe Euloxio. Sen madeira, non hai viña, indica un vello dito da zona. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora