Sobrevivir á calor

Sobrevivir á calor
31 de Maio, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A calor pode causar problemas de saúde tamén aos animais. Dese tema falounos esta semana en Radio Animal a veterinaria etóloga Noemí Graña.  

 

ESCOITA O PODCAST:

Para combater a calor non hai que cortarlles o pelo aos cans. “O pelo protexe do frío e do calor,”, advirte a especialista. No caso de cans con moito pelo como os huskies recomenda “moito cepillado para que a pel transpire ben”. Unha boa hidratación, sacalo pasear nas horas menos calorosas e por lugares onde haxa árbores. Levar sempre un bebedeiro pregable e auga. E no caso de viaxar co can no coche poñer o aire acondicionado e as ventás abertas son outras recomendacións para evitar golpes de calor aos que son especialmente sensibles razas como bulldog franceses ou pitbull.

Sociedade

Publica o teu comentario agora