ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Fuxindo de Franco máis de medio millón de republicanos refuxiaronse en Francia e alí acabaron sendo vítimas do nazismo que os recluiu en campos de concentración. Dun deles trata o libro de Juan Galán “Rotspanier, un miliciano galego no exilio francés. 1939-1945” que se presenta ás oito da tarde na Alianza Aresana.

Joaquín Fernández Millán, un mariñeiro da Pobra do Caramiñal que emigrara a Euskadi, marchou para salvar a vida pero no lugar de refuxio atopouse na Francia ocupada recluido en varios campos de concentración. O autor, Juan Galán, interesouse pola súa peripecia vital porque coñeceu unha neta súa. Sobreviviu a Hitler e a Franco, pero a súa vida e a da súa familia quedou marcada para sempre. E non volveu a Galicia ata despois da morte de Franco, pero mantivo a residencia en Francia para sempre. Joaquín foi un loitador toda a vida. Loitou tamén ata lograr o seu recoñecemento como vítima do nazismo.
Publica o teu comentario agora