Sobrou a segunda parte

Sobrou a segunda parte
14 de Maio, 2024 - 02:47 h. | Publicada por Radio Fene

“A segunda parte sobroulle a todo o mundo”. Sinala o adestrador do Maniños, Juanjo Iñiguez Cebolo, ao resumir o partido contra o líder do grupo na Segunda Galicia, o Atlético San Pedro, un bo equipo que “veu gañar e cumpriu o seu obxectivo por dous erros nosos”, sinala o míster logo da derrota do Maniños 0-2 no Pote.

ESCOITA O PODCAST:

“A nós valeunos para dar a cara cun moi bo equipo, viña gañar a Liga en Maniños, para min fixo o xusto para gañar o partido”, opina o técnico do Maniños que felicita ás rivais ao tempo que eloxia o traballo do seu equipo. “Cumpriron, non cun 10, cun 12”, destaca Iñiguez.

Deportes

Publica o teu comentario agora