A soidade non desexada

A soidade non desexada
01 de Agosto, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A soidade, ou máis especificamente a "soidade non desexada", enténdese como a sensación angustiosa de estar separado ou illado dos demais, unha situación que non só pode afectar negativamente a saúde física e mental, senón tamén á calidade de vida das persoas. Conversamos con Adelaida Agade, traballadora social e Daisy Pérez, estudante de traballo social en prácticas que nos contan que é a soidade non desexada, segundo organismos especializados como o Observatorio Estatal de la Soledad no Deseada.

Fotografia Xan Xe

A Axenda 2030 recoñece a soidade non desexada como un problema importante e busca abordalo a través de diversas estratexias, incluíndo a promoción da saúde mental, a creación de comunidades máis fortes e a loita contra o illamento social. 
A soidade non desexada empeza a ser un problema tan importante que o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, a Federación Española de Municipios e Provincias e organismos como o Observatorio Estatal da Soidade non Desexada traballan para establecer estratexias para combater a soidade, especialmente entre os grupos máis vulnerables. Trátase dunha preocupación crecente na nosa sociedade, afectando a persoas de todas as idades e situacións. Segundo o Barómetro da soidade non desexada en España en 2024, unha de cada cinco persoas (20,0%) en España séntese soa, e o 13,5% da poboación sofre de soidade crónica. A pesar desta alta taxa de prevalencia, a soidade segue sendo estigmatizada e invisible.

 

Imaxe. Praza Ramón Souto en Fene.

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora