ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Os gatos tamén poden sufrir ansiedade por separación, igual que lles pasa a algúns cans. No pasado pensábase que o tipo de apego que tiñan os gatos coas persoas non podía provocar este trastorno, pero comprobouse o contrario. Explicouno en Radio Fene a veterinaria etóloga Noemí Graña.

Noemí ten un gato branco “moi faladoriño” que estes días rifoulle ao chegar á casa, enfadado pola súa ausencia.“Se botan de menos á xente pásano mal”, di a especialista. Cando un gato miaña moito ou rompe cousas en ausencia do titor pode ser síntoma de que sufra ansiedade por separación. “O proceso para o diagnóstico ten que ser semellante ao dos cans, gravar ao gato e ver o que pasa cando queda so”.
Publica o teu comentario agora