ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Pasa factura, persoal e social. A sociedade non desexada “un problema silencioso que afecta cada vez a máis persoas”. Falamos deste problema coa traballadora social Adelaida Abad e a estudante en prácticas Deisy Pérez, na programación especial dedicada á saúde das mulleres. Unha iniciativa da Concellería de Benestar e Igualdade coa colaboración de Radio Fene.
“A soidade non desexada ten importantes efectos na saúde das persoas,é un fenómeno de importancia crecente que afecta maiormente a mulleres”, apuntou Deisy Pérez. “Ten consecuencias negativas para a saúde e o benestar das persoas”, remarca Adelaida Abad.
Afecta a todas as idades “as persoas mozas son as que máis soidade non desexada senten, nos seguintes tramos de idade a soidade non desexada vai descendendo progresivamente e volve a subir nas persoas de 75 anos e máis”, informou Deisy. “Vivir soa, eventos vitais como a perda dun ser querido, idade, discapacidade, saúde ou renda”, son factores de risco. A principal recomendación para evitala: “evitar o illamento e participar da vida comunitaria”.
Publica o teu comentario agora