ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Un grupo de militantes da agrupación política solicitan á executiva do partido que expulse de xeito inmediato a Alejandro Bastos do partido atendendo ós estatutos da agrupación nos que se regula a expulsión “cando existan indicios suficientes dalgún feito delitivo”. Así o explicou Orlando Villamayor, membro da actual executiva nacional, quen afirmou que esta decisión se adopta logo de saberse
Alejandro Bastos tivo que enfrontarse a un xuízo por un suposto delito de acoso sexual logo de que fora denunciado por unha veciña por uns feitos acontecidos en decembro do 2002. Cinco anos despois a Audiencia Provincial de Pontevedra absolveu ao concelleiro do delito de acoso sexual pero condenouno a pagar 400 euros por vexacións inxustas logo de considerar probado que efectivamente o edil se excedera coa denunciante. Dende o PG afirman que non tiveran constancia deste feito “ata o de agora” e insisten en que “nun tema delicado como este non se poden ter reparos, hai que ser serios e honestos polo que solicitan “a súa inmediata expulsión do PG, tal e como se recolle nos estatutos.
Villamayor entende que unha vez expulsado do partido, o actual edil debería “deixar a acta de concelleiro” aínda que poderá optar por seguir como edil non adscrito, o que se traduciría en que o PG quedaría con un único concelleiro en Redondela. Os membros do partido a través dun comunicado expresan a súa oposición á actuación do edil e engaden que “queren deixar constancia ante a opinión pública de que o Partido Galeguista o conforman persoas con valores morais e democráticos ata o punto de que, se o concelleiro non presentou a súa dimisión, somo nós os que pedimos a súa inmediata expulsión do partido”.