ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Non se admitiran todos os solicitantes no Colexio Os Casais de Maniños, segundo lle recoñeceu a Inspectora provincial de Educación á ANPA do centro esta semana. A entidade non se da por vencida e reclama o mantemento de unidades do colexio e a admisión dos nenos e nenas que desexan matricularse, declarou a Radio Fene Olalla Barro.
A ANPA dos Casais continuará coa recollida de sinaturas para que sexan aceptadas no centro todas as solicitudes de matriculación. Olalla Barro anima á veciñanza de Fene a apoiar coa súa sinatura as súas demandas. O mesmo problema afecta a familias que queren praza nos colexios Os Casais, en Fene; Atios, en Valdoviño; no Mosteiro de Caaveiro, na Capela; en Santa María, nas Pontes; tamén no Val, en Ferrol. No colexio de Maniños, como noutros da comarca, non están de acordo e solicitan a admisión de todas as matrículas.
Publica o teu comentario agora