Solidariedade

Solidariedade
30 de Outubro, 2024 - 02:27 h. | Publicada por Radio Fene

Solidariedade desde Fene coas vítimas da peor gota fría do século no Levante español. O alcalde, Juventino Trigo, trasladou o pésame do Concello ás vítimas deste desastre a través dos micrófonos de Radio Fene

ESCOITA O PODCAST:

Impresionado pola traxedia e o aumento constante na cifra de persoas mortas e desaparecidas, o alcalde de Fene, Juventino Trigo, fixo públicas as condolencias do Concello coas familias afectadas polos estragos ocasionados pola dana. Unha catástrofe que deixa polo menos 70 persoas mortas e decenas de desaparecidas, ademais de graves danos materiais. Mostras de solidariedade tamén doutras institucións como a Deputación da Coruña que ofreceu o seu apoio e mostrou as súas condolencias ás familias e o afecto de toda a cidadanía da provincia da Coruña coas persoas que están a sufrir unha situación tan dramática e devastadora. En Ferrol gardouse un minuto de silencio no Concello, igual que na Xunta de Galicia.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora