ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As autoridades franquistas colaboraron na deportación de españois a Mauthausen. As durisismas condicións do campo tiveron que supoñer un duro impacto para eles. As testemuñas falan da solidariedade como chave para salvar o maior número de vidas. Indicouno asi a profesora do IES de Fene Carme Llopiz.
Entre os que salvaron a vida en Mauthausen, estaba o veciño de Barallobre Juan Jose Casal Chao “Chucho”. Unha placa lembra o seu nome e as restantes vítimas do campo de concentración de Mauthausen no vestíbulo do IES de Fene.
Segundo o historiador Enrique Barrera, na orixe do nazismo estaba o euxenismo ou euxenexia. A corrente de pensamento pretendía o incremento en número de persoas supostamente máis fortes, sas, intelixentes ou de determinada etnia ou grupo social, presupondo unha relación directa ou lineal entre estes trazos e a xenética. Promovía dificultar a procreación daquelas persoas que non posúen esas calidades, chegando a considerar a súa aplicación como unha vantaxe no aforro de recursos económicos para os países.
Imaxe: A profesora Carme Llopiz no acto de descuberta da placa en lembranza de Juan José Casal Chao
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora