Solo para vivenda social

Solo para vivenda social
18 de Maio, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello ofrecerá solo ao Goberno para a construción de vivenda social en Fene. Tratouse do asunto nunha xuntanza que mantiveron os concelleiros de Urbanismo e Facenda, Manuel Polo, e de Servizos, Sandra Permuy, coa xerente de Suelo Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo. Abordaron tamén o próximo traspaso aos concellos de Fene e Cabanas das parcelas comprendidas na mazá Q do polígono do Vilar do Colo, correspondentes  ao remate da segunda fase da área industrial.

ESCOITA O PODCAST:

O Concello de Fene está disposto a facilitar a construción de vivenda social no municipio e comprometeuse a entregarlle ao SEPES propostas para a creación de vivendas de prezo asequible. Barállanse varias posibilidades, como poden ser parcelas de propiedade municipal, segundo detallou en declaracións a Radio Fene o concelleiro Manuel Polo. Na xuntanza tamén se deron avances para rematar a segunda fase do polígono do Vilar do Colo. “Levamos desde 2008 con atrancos administrativos e hai que desenguedellalos, estase desenguedellando agora”. Farase a través dun convenio entre o SEPES e os concellos de Fene e Cabanas que “resolva o remate físico da obra e aclare o tema económico pendente”. “A partir de aí será cando haberá que estudar outras cuestións e o momento de falar dunha ampliación que mellore non que empeore os espazos que temos alí”.

Institucional

Publica o teu comentario agora