Solteiros e casados

Saúde mental
11 de Novembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Vivir sen parella semella un risco para a saúde mental. Hai estudos segundo os que as persoas sen parella, especialmente os homes, teñen máis risco de padecer depresión. Falamos do tema co psicólogo José Barcia Tuccelli.

ESCOITA O PODCAST:

Un recente estudo, que ademais compara a situación en diferentes lugares, comprobou que os solteiros teñen un 80% máis de risco de sufrir depresión, especialmente nos homes. Parece que vivir en parella facilita certa protección emocional. “Cando pasamos unha crise agradecemos airear a nosa experiencia”. Pero non so inflúe o soporte emocional que presumiblemente teñen as persoas emparelladas, apunta Barcia Tuccelli. Tamén hai “un factor económico, varias entradas de cartos dan tranquilidade”, sen esquecer “o valor que recibimos ao beneficiar a outros”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora