Solución a temas pendentes

Solución a temas pendentes
30 de Xullo, 2024 - 02:11 h. | Publicada por Radio Fene

Reunión positiva a que mantivo onte o alcalde de Fene, Juventino Trigo, coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, á que lle puxo sobre a mesa vellas demandas que levan moito tempo agardando.

ESCOITA O PODCAST:

O alcalde pediulle á delegada da Xunta, na xuntanza celebrada no despacho da Alcaldía, que axilice temas importantes para a veciñanza de Fene que permanecen atascados. Os trámites para o funcionamento do Punto Limpo, a creación dunha segunda parada de bus na Porta do Sol para desconxestionar os aparcamentos na zona de Naturais de Fene ou a creación dunha senda para peóns na estrada que une Fene con Neda. Eses foron algúns dos asuntos pendentes para os que o alcalde pediu solución.

Institucional

Publica o teu comentario agora