Solucións simples para interpretar o complexo

Solucións simples para interpretar o complexo
07 de Xaneiro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radiofusión

A historia do deseño amósanos o pasado de Galiza, pero tamén o presente e o futuro. Compréndese na magnífica exposición que se pode visitar na Normal da Coruña ata o trece de xaneiro. O relato sobre a historia do deseño galego parte dunha selección de cen símbolos, marcas e identidades gráficas. Agardamos a rápida publicación do catálogo dunha iniciativa que serve de referencia e consulta para deseñadoras e deseñadores actuais e de futuro. 

O deseño busca interpretar o "complexo" para ofrecer solucións "simples", pensar o concreto a partir do múltiple e o diverso,segundo se indica na exposición, organizada a través de cinco períodos históricos (antecedentes, industrialización, autarquía, democracia e contemporaneidade) e entre a selección de símbolos e marcas podemos atopar exemplos da idade media como as marcas dos pedreiros, ou mesmo anteriores, do S.XII, cando se ten o primeiro coñecemento do uso da vieira como emblema da peregrinación á Santiago de Compostela. Estes símbolos máis antigos, recollidos baixo a epígrafe “antecedentes” foi comisariada polo deseñador e divulgador Pepe Barro. Máis adiante aparecen recollidas marcas asociadas ás primeiras experiencias industriais en Galicia, como é o caso das conserveiras Massó e ¡Miau! ou, tamén, de Augas de Mondariz e La Toja, que teñen a súa orixe na actividade termal e de lecer que tivo gran acollida nos finais do século XIX e comezos do século XX. Entre as marcas seleccionadas poden destacarse, así mesmo, as das cabeceiras de publicacións e revistas de vangarda que tiveron lugar nas primeiras décadas do século XX, como as coruñesas Luz e Alfar. A UDC, coa colaboración da Deputación da Coruña, organizou a mostra comisariada por Marcos Dopico, Cibrán Rico, Suso Vázquez Gómez e Pepe Barro.
 

Cultura

Publica o teu comentario agora