Som do galpom será o convidado no Festival da Mocidade coa Língua de Fene

Som do galpom será o convidado no Festival da Mocidade coa Língua de Fene

03 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Som do galpom será o grupo convidado no Festival da Mocidade coa Língua, o 8 de maio en Fene. A nova dábase a coñecer esta mañán na selección dos grupos que actuarán finalmente no Festival da Praza verde fenesa.

O xurado decidíu non deixar fora a ningún dos grupo que se presentaron á selección esta mañán na Liga de Amigos de Barallobre. Así que o cartel do Festival da Mocidade coa Língua queda como segue: The Chonis - procedente do colexio A Xunqueira que fan musica mestizaxe-  Julian Ross- indie pop ex alumnos do IES de Fene-  os rockeiros Membrillo Fanegas, alumnos do IES. Aínda os Fenéticos, popeiros  tamén do instituto; e por ultimo Arredemo, alumnos do IES e de estilo pop rock.  

 

Competiron para facerse un oco no Festival do 8 de maio e, por decisión do xurado, estarán todos na Praza Verde de Perlío. Félix Jorquera presentou o encontro ao que asistíu como público o alumnado do IES de Fene e da Xunqueira, centros de orixe dos músicos. No transcurso do festival desvelábase que o grupo convidado ao Festival do 8 de maio será Som do Galpom.

 

 

Eran as horas previas á saída de vacacións de Semana Santa, e qué mellor que vivilas enleados coa música. Organiza o Festival da Mocidade coa Língua a Concellería de Cultura, que preside Edgar Vigo,  as Equipas de normalización lingüística dos centros participantes e colabora Radiofusión. 

 

Sociedade