Somos acubillo

Somos acubillo
16 de Maio, 2025 - 10:03 h. | Publicada por Radio Redondela

Un cento de persoas arroupou onte en Vigo a estrea do videopodcast Somos Acubillo, que explica como a desigualdade social impacta na vida das persoas, tanto galegas como migrantes, a través das dificultades de acceso á vivenda, a falta de oportunidades laborais e a falta de empatía nos procesos burocráticos e que está dispoñible xa na rede, para todas as persoas que desexen velo.

As e os creadores e protagonistas de Somos Acubillo foron tamén os encargados de presentalo, nun evento moi emotivo que contou coa presenza de autoridades políticas e de responsables de entidades sociais que traballan con persoas en situación de vulnerabilidade. Yasseyda falou de como o grupo, no que se mesturan vigueses e emigrantes que non se coñecían ao comezo do proceso, se foi convertendo en “un espazo seguro”, onde “dar renda solta á nosa creatividade e ás nosas emocións”. Euro lembrou as primeiras sesións formativas, cando “a maioría de nós nunca usaramos unha cámara”. E explicou como a aprendizaxe técnica se foi mesturando, ao longo dos meses, co coñecemento grupal e coa toma de decisións.

Sociedade

Comentarios

Propuesta para Radiofusion. Hola, es un placer saludarte. Te escribo porque sería interesante comentar contigo la opción de que Radiofusion posicione en los primeros lugares de internet y que aparezca cada mes como noticia en cientos de periódicos digitales, con artículos reales dentro del periódico que no se marcan como publicidad y que no se borran. Estas noticias se publicarán en más de cuarenta periódicos de gran autoridad para mejorar el posicionamiento de tu web y la reputación. ¿Podrías facilitarme un teléfono para aplicarte un mes gratuito? Muchas gracias.
Nome: 
Larra

Publica o teu comentario agora