Somos Fene votará polo seu candidato se non hai acordo de goberno

Somos Fene votará polo seu candidato se non hai acordo de goberno

11 de Xuño, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Somos Fene reiterou esta mañá a súa negativa a entrar con Esquerda Unida nun goberno de coalición. A candidatura encabezada por Xoan Manuel Rodriguez Bastida, precisa tamén que, se non hai acordo de goberno, votarán polo seu propio candidato na sesión plenaria deste sábado. O PSOE de Fene decide pola súa banda esta tarde a súa posible entrada nese hipotético goberno de coalición. Os socialistas xa anunciaron que votar&

EU mantense na postura de participar no goberno en Fene, salvo que a asemblea que manterán os afiliados mañá venres diga o contrario. En palabras da candidata Mª Carmen Martínez “non aceptan chantaxes” . En relación coa elección de alcalde, sí ou sí, votarán polo candidato do Bloque, Juventino Trigo.

Ás once da mañá

A Corporación de Fene iniciará o seu pleno de investidura este sábado ás once da mañá. Tomarán posesión os 7 concelleiros do PP, 4 do BNG, 3 do PSOE, 2 de Somos Fene e 1 de Esquerda Unida. Radio Fene retransmitirá en directo a sesión que poderá ser seguida no 107.7 da Frecuencia Modulada e a través de Internet na páxina web radiofusion.eu
A sesión comezará coa comprobación das credenciais e a formación da mesa de idade que comporán as concelleiras de menos e máis anos: Rocío Bértoa do PP e Mariela Aguilar do BNG. Os concelleiros e concelleiras prometerán ou xurarán cumprir coa legalidade vixente sobre un exemplar ca Constitución e acto seguido comezará a elección de alcalde.

Son candidatos en principio os cabezas de lista das cinco candidaturas que obtiveron representación. Podería ocurrir que algún deles retirara a candidatura, co que xa non se sometería a votación. Sairá elexido alcalde o que obteña ao menos nove votos do total de 17 membros da Corporación. Se ningún candidato obtivera os nove sufraxios, quedará proclamado de xeito automático como alcalde, o cabeza de lista da candidatura máis votada.

Sociedade