ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Se vos dicimos que o rap galego está nun momento máis que vizoso non vos descubrimos nada novo.

O rap en galego emerxeu con forza como un vehículo de expresión contemporáneo que conecta a cultura urbana coa lingua e a realidade de Galicia. Lonxe de ser un fenómeno illado, demostra unha vitalidade palpable, servindo como banda sonora para unha xeración que quere contar as súas historias.
E se o xénero está en plena efervescencia non pode ser máis que o resultado das mentes inquedas dos músicos que están a crealo, este é o caso de Cibrán García, o o rapeiro santiagués, que é a metade de Boyanka Kostova.
Cibrán ven de presentar os eu novo proxecto musical -e persoal- Saibran, e nesta andaina, acompáñase doutras dous figuras ben coñecidas, á vez integrantes de Mundo Prestigio: Julián Goicoa (baixo) e Fiz García (batería).
Se andades por Compostela o día 20 de decembro, non vos perdades a actuación que farán á noitiña no Mercado da Estrela.
Coñecemos hoxe en Sons de Nós con Cibrán García, e falaremos deste novo alter ego musical que ven de crear.
Imaxen: @divinatraxedia
Publica o teu comentario agora