Somos nacionalistas

Somos nacionalistas
13 de Agosto, 2020 - 11:16 h. | Publicada por Radio Fene

"Somos nacionalistas" díxolle Elvira Souto á señora que vivia na rúa Concepción Arenal de Ferrol o 12 de agosto de 1975. Nacionalista tamén son eu, respondeu a señora que escondeu da policia franquista a Elvira e a Lois Rios. Moncho Reboiras escapou para a parte de atrás da casa e caeu asasinado no número 27 da rúa da Terra. "Reboiras, acción e corazón" é a película de Alberte Mera que recompon a experiencia vital daquela loita galega contra a ditadura.

ESCOITA O PODCAST:
Alberte Mera nos Duplex cinema de Ferrol

O filme non escapa das cuestións máis espiñentas arredor da vida e da morte de Reboiras. Fálase da relación entre a UPG e ETA e tamén da versión policial que insinuaba a posibilidade de que Moncho Reboiras se suicidáse no portal do centro de Ferrol. Aparecen na película moitas persoas que coñeceron en vida a Moncho Reboiras, segundo ou director Alberte Mera. A película proxectouse o pasado sábado en Imo, en Dodro e na tarde de onte en Ferrol. Na primavera do cinema,  festival de Vigo a mediados de setembro, vai ser unha estrea especial porque nesa cidade viviu Moncho. O documental proxectase nos Duplex Cinema de Ferrol. Mañá venres as cinco e as seis e media da tarde. Venres ás nove e media da noite. Domingo ás sete e cuarto da tarde.

Sociedade

Publica o teu comentario agora