Son Lois Pereiro e para empezar voume poñer un pouco mitolóxico

Son Lois Pereiro e para empezar voume poñer un pouco mitolóxico

17 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

"Son Lois Pereiro e para empezar, voume poñer un pouco mitolóxico". Comezou así o seu recitado Lois Pereiro no verán de 1984, nun acto de homenaxe a Castelao do grupo poético De amor e desamor.

Lois Pereiro faría 53 anos e sería hoxe un dos poetas de referencia. Cento e pico poemas chegáronlle para ser a un tempo unha das voces máis innovadoras da lírica galega de finais do século XX, e o clásico que ten a literatura galega sen sabelo, en palabras de Manolo Rivas.

Poema Eter:

A lus caíu da fiestra
Co inorme mar de plumas da alvorada
Pra denunciar que todo amor é inutil
Mentres pinga con ritmo salvaxe
A cortina xeada do teu ódio.

Sociedade