Sondeseu arrinca en Monforte a xira de presentación de “Barlovento”

Sondeseu arrinca en Monforte a xira de presentación de “Barlovento”

20 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

A primeira e única orquestra folk de Galicia, Sondeseu, con sede na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo, a E-Trad, vén de publicar o seu terceiro disco baixo o título de Barlovento. Unha homenaxe a aqueles que retoman o patrimonio cultural ga

Sondeseu realiza achegas contemporáneas ao cancioneiro popular, reformula as pezas tradicionais de maneira orquestral. Os temas son arranxados polos responsables de sección coa axuda dos músicos. Romaní coordina as arpas, Anxo Pintos as zanfonas, Francisco Javier Feijóo as voces, Xaquín Xesteira as gaitas e a percusión, Alfonso Franco os violíns e Xosé Liz as requintas. A maiores disto, no disco soan tamén a corda pulsada, a arpa céltica e o bouzouqui.

Barlovento foi gravado no auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo con tres micrófonos co obxectivo de captar o ambiente e a enerxía que caracterizan os concertos de SondeSeu.

Despois de actuar hai uns días en Ourense, Sondeseu dan comezo esta semana á xira de presentación de Barlovento. Este sábado actuarán en Monforte, o 1 de maio en Madrid, o 8 en Cangas, o 9 en Pontevedra, o 14 en Santiago e o 17 de maio en Narón. Posteriormente visitarán A Coruña, Vigo, Lugo e países como Finlandia ou Italia, xa no marco do proxecto ENFO (European Network of Folk Orchestras) no que se está a impulsar a creación de novas orquestras por toda Europa para consolidar unha rede estable de participación e intercambio.

Cultura