ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
‘Deserto de centos’ é unha viaxe iniciática cara a un horizonte por descubrir. A viaxe do primeiro disco en solitario de Sonia Lebedynski. Tras destacar como cantante de Fía na Roca e colaborar en múltiples iniciativas musicais, agora presenta o seu propio proxecto, un disco de autora -forneado xunto co brasileiro Sérgio Tannus- que é resultado de todas as músicas das que foi bebe
Con trece anos Sonia Lebedynski era a voz solista de Vai-te embora!, a súa primeira formación. Ten contacto con proxectos musicais doutros xéneros como o funk. A súa versatilidade interpretativa lévaa a formar parte de propostas musicais moi diversas. Ten colaborado en múltiples proxectos como Son Delas, Ball Cans, Sete Saias, Voces na Musa, Asociación Cultural Barbantía, Conservatorio Tradicional e Folque de Lalín, Sereas e participado nos traballos discográficos de Fía na Roca, Susana Seivane, Camaxe, Seare, Asoc. Galega de Gaiteiros Galegos, Brañas Folk, Enrique Paisal ou Sergio Tannus.
Moi vencellada á creación de música para xente miúda colaborou coa Asociación de Gaiteiros Galegos no libro disco Pelo Gato. No ano 2015 colaborou nos proxectos de música infantil Non hai berce como o colo editado por Kalandraka e Alegría da editorial Galaxia, ademais de O tempo dos xogos, editado polo mesmo selo, cuxos autores son da Escola de Música de Boiro, á que sempre estivo moi vencellada desde a súa creación. Participou no filme do grupo canadiano “La Bottine Souriante” sobre a súa xira europea.
Ao longo de dez anos foi a voz de Fía na Roca. É mestra da ensino primario especialista en educación musical e pedagoga. Ten colaborado coa Escola de Música de Boiro no seu programa de alfafabetización musical para maiores.