Sonia Verdes, candidata número 4 do PSdeG-PSOE por Lugo: “Os galegos teñen que vivir do noso, non de subvencións”

Sonia Verdes, candidata número 4 do PSdeG-PSOE por Lugo: “Os galegos teñen que vivir do noso, non de subvencións”

27 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Esta vilalbesa é a primeira candidata socialista da chaira en estar en posicións de saída no Parlamento de Galicia. O seu compromiso coa comarca será a súa prioridade para os próximos catro anos no edificio da Rúa do Hórreo.

TCX: A convocatoria dos comicios en Euskadi para o 1 de marzo, ¿Prexudicaralles ou non terá relevancia no resultado final?

S.V.: Cada un facemos a nosa campaña e eu penso que os vascos e os galegos e estamos en autonomías distintas e cada un traballa no seu territorio, non creo que nos inflúa para nada.

TCX:A percepción a nivel da rúa é que os políticos só se preocupan da cidadanía no período electoral. ¿Qué se debería facer para cambiar esta opinión?

S.V.: Eu tampouco teño esa idea de que esteamos desprestixiados os políticos, pero quizais a receita pasa por estar máis próximos á xente, comunicarlle o que facemos e o que queremos facer, desde logo a política é importante, porque a política e onde se deciden as cousas, onde se decide que mundo queremos ter. O contacto coa xente, falar coa xente e dicirlles o que queremos facer é importante.

TCX:¿Qué balance pode facer o cidadán común desta VII lexislatura que acaba de rematar?

S.V.: Hai políticos que m,arcan época, e os que o fan por algo bo solen ser os políticos socialistas, como a marcou Felipe González, como a marcará Zapatero e como o fará Touriño. Touriño foi o presidente do cambio, o que fixo unha revolución de norte a sur e de este a oeste, que conseguiu o que non se fixo en 16 anos de fraguismo. É un presidente que se preocupa pola xente cando hai unha situación económica difícil, é o que da respostas, o que pon iniciativas en marcha para aquelas persoas que están en mais dificultades. Para nós son moi importantes os parados, o son agora e o serán despois do 1 de marzo. Tamén fixemos o que sabemos facer mellor os socialistas que é fundar novos dereitos, unha mellor sanidade pública, unha mellor educación pública,mais protección social, ese é o goberno que fixemos. Aquí na Terra Chá se nota porque hai unha serie de infraestruturas que antes non había. Esta lexislatura seguramente pasará á Historia como a do cambio.

TCX:As cifras de parados en Galicia foron menores que en España, ¿Ata qué punto está determinado polas medidas e o traballo do goberno da Xunta e ata qué punto polo noso modelo produtivo?

S.V.: Nós sacamos unha lei de costas que impediu construír nos primeiros 500 metros co que se conseguiu salvagardar a costa e tamén se tratou de limitar a construción desmesurada e impedir a creación dunha economía dependente deste sector, como ocurriu noutras zonas de España. Pero tamén houbo medidas como a maior licitación de obra publica, porque nós estamos coa inversión pública. No ano 2008 se licitaron 1.600 millóns en obra pública, neste ano investiremos de novo 2.000 millóns. Ademais se tratou, a través do diálogo social, cos traballadores, coas empresas cos sindicatos, medidas para incentivar ás empresas para a contratación, para inxectar a través do Igape financiamento para as empresas y creo que iso está dando resultado.

TCX:¿Qué puido fallar no sistema de emprego para chegar a esta situación?

S.V.: Estamos nunha situación de crise mundial, de confianza, os bancos non facilitan crédito porque a situación é complicada, e cando non hai liquidez as empresas teñen que pechar.

TCX: ¿Sería preciso abordar un novo contrato social que derive dunha maior atención ás relacións dentro do entorno económico-laboral?

S.V.: Desde logo, é o que bota máis en falta a xente da rúa. O que non podemos ter é un PP desaparecido, que anda ao deles, que andan enliortados, e que non está a arrimar o ombro e solos non imos saír, nin en España nin en Galicia. As forzas políticas deberan estar unidas apoiándose, non confrontando, non crispando, non confundindo.

TCX: Fai tempo, algún político hoxe retirado repetía ata a saciedade aquilo de programa, programa, programa. ¿A campaña electoral basease nun verdadeiro programa de goberno ou é unha colección de slogans?

S.V.: AS campañas electorais son como son, e o que temos que amosar nelas é o traballo feito ao longo dunha lexislatura para que a xente poida saber o que fixemos. Pero tamén a xente nos vai a votar por expectativas, polo que vamos a facer no futuro e o noso traballo vai adicado a que a xente coñeza mellor as propostas. Pero non debemos esquecer o traballo feito, porque iso é a nosa garantía, o noso aval para sacar u proxecto adiante.

TCX: Se falamos a nivel da provincia de Lugo, a política rural é indispensable. O incremento das infraestruturas tanto a nivel enerxético como comunicativo, ¿Será unha prioridade para os Socialistas lucenses?

S.V.: O será, o é e o foi. O medio rural foi unha das eivas que nos deixou o PP, porque a súa política foi nefasta. Pecharon moitas explotacións que non deberon de pechar, e deberon de traballar para que esas explotacións mellorasen e fosen mais competitivas. Pero o problema agora é que tamén hai explotacións endebedadas pola cota, e esas débedas lles impediron crecer en competitividade, aumentar a súa superficie, investir en novas tecnoloxías e ese é un problema arrastrado do goberno de Fraga. Claro que para nós é unha prioridade, aí está ese plan de reequilibrio territorial para que o rural acade a igualdade coas zonas urbanas e para que a xente que vivimos no rural teñamos as mesmas oportunidades que nunha vila grande. Tamén está a rede de infraestruturas necesarias para vertebrar o territorio, que foi clave para desenrolar as zonas do interior. Puxéronse en marcha medidas como o Banco de Terras, o contrato de explotación sostible e nesa liña imos a seguir, fomentando as denominacións de calidade, o relevo xeracional, o turismo rural abrinos mais e buscar outro tipo de producións..., para que a xente que vive do agro poidan vivir dignamente e ser mais competitivos.

TCX: Para vos é mellor crear unha estrutura agraria forte e non depender tanto das subvencións...

S.V.: Os galegos non teñen que vivir das subvencións, teñen que vivir do noso, das producións do rural, de vender o noso e de vendelo a un prezo digno.

TCX: ¿Onde pode estar a solución ao incremento da inversión no campo galego, no sector público ou nunha maior implicación das empresas?

S.V.: Claro que sí, creo que todos debemos traballar xuntos para mellorar

TCX: A posible desaparición da cota láctea, ¿Xoga a favor ou en contra das explotacións galegas?

S.V.: Iso foi un engano do PP, cando aquí se especulaba coa cota o PP negociaba a súa desaparición e para o ano 2015 a cota será libre, e temos que prepararnos a partir de agora porque o PP non nos preparou para iso. As explotacións seguirán pagando a hipoteca da cota que deixou o PP, e agora para resolver este problema temos que impulsar e mellorar esas explotacións para modernizalas, baixar os custes de produción e o que logo os prezos dos produtos agrarios teñan un prezo digno, acorde cos tempos que corren.

TCX: ¿Crees que unha política de promoción do galego é bo ou é unha “autarquía de subnormal mental” como dixo o número dous do PP por A Coruña Pedro Arias?

S.V.: Que pouco coñece a Galicia Rural o señor Arias. Eu creo que temos un sistema no rural baseado na carne, no leite e tamén na madeira, que hai que defender, pero tamén que hai que buscar novos produtos que sexan vendibles, que haxa demandas, e que a xente os busque e para iso potenciaremos as novas producións, novas saídas, potenciar o turismo, potenciar as zonas de rede natura, que mellorarán o fomento do turismo, que pode abrirlle un novo abanico a zonas mais despoboadas e infrautilizadas.

TCX: Na educación, Emilio Pérez Touriño fala moito de incorporar as novas tecnoloxías e o inglés como terceiro idioma, ¿Son estes os únicos problemas neste campo?

S.V.: A incorporación das novas tecnoloxías é fundamental. O ratio de ordenadores era de 1 por cada 12 alumnos e nós mellorámolo ata o 1 por cada 5 alumnos. Se melloraron os servizos, os comedores, se creou a figura do acompañante escolar, as pizarras dixitais, que é algo novidoso que non hai na iniciativa privada... pero o estudo de inglés é fundamental porque os nosos nenos teñen saber falalo porque é o idioma falado a nivel mundial e buscamos que se falen cas por igual e de aí que teñamos un compromiso que nas escolas de 0 a 3 anos se fale inglés e en secundaria que, polo menos, unha asignatura se imparta en inglés.Pero tamén tentaremos de que mellore o rendemento con programas como o PROA para que os nenos con dificultades saian adiante.

TCX: ¿Para cando o estatuto galego?

S.V.: O noso compromiso é de sacar adiante o novo Estatuto, que foi boicoteado polo PP nesta lexislatura e temos que tentar conseguir mais autogoberno e iso faise co novo Estatuto, e para iso traballaremos.

TCX: ¿Qué medidas tedes para a mellora da Sanidade?

S.V.: Esta foi outra das eivas do PP, que impulsaba a sanidade privada e non aportaba nada para a pública. Deixou unha débeda de mais de 400 millóns de euros e tivemos que saldala. Deixáronos un problema coas listas de espera, pero reducimos a mais da metade a espera nas listas, temos o compromiso que reduciremos a espera cirúrxica a un máximo de 50 días, temos plans específicos de saúde na muller, como a vacina das nenas contra o papiloma humano, universalizouse a epidural nos hospitais galegos, tamén a gratuidade da saúde buco-dental dos nenos de ata os 14 anos, gratuidade dos anticonceptivos, que os tratamentos de fertilización se inclúan dentro do sistema público de saúde, o dereito de interrupción voluntaria do embarazo, a píldora do día despois... tamén investimos 1.200 millóns en novas tecnoloxías para o Hospital de Lugo, que terá tamén unha unidade de radioterapia e hemodinámica que non estaba proxectada antes.

TCX: ¿Qué papel terá a Terra Chá na próxima lexislatura?

S.V.: A aposta do PSdeG é forte, porque é a primeira vez que un candidato da Terra Chá vai nun posto de saída. As inversións da Xunta na Terra Chá foron importante, como foron os casos da Autovía do Cantábrico e o tramo final da autovía de Ferrol a Vilalba que prometeu o PP e que agora estará listo para verán, as inversións nos Centros Educativos, como o Lois Peña Novo ou Insúa Bermúdez, temos o compromiso duns novos xulgados que se farán cando o alcalde nos de os terreos para podelos facer, tamén desenrolaremos o Parque Comarcal de Bombeiros, que financiarán ao 50% entre a Deputación e a Xunta, a inversión de 800.000 € da nova potabilizadora de Vilalba, o paseo fluvial... Hoxe a Terra Chá conta e vai contar no Parlamento de Galicia e eu vai loitar pola defensa dos veciños e veciñas da Chaira.

Sociedade