Sopra o vento

Sopra o vento
20 de Marzo, 2021 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

Sopra o vento hoxe. Notoo desde o meu sitio preferido, na terraza do bloque 3. Subo pola escaleira que arrimaron ao muro para ver unha panorámica do barrio e do outro lado da ría. Son as catro da tarde e subín con Marisa a tender a roupa. Cando veu vivir aquí alegrouse tanto de ter un sitio como este para tender a roupa. É importante iso para a ela.

ESCOITA O PODCAST:

Leo, un gato en San Valentín, na voz de Carlos Aguado

http://173.255.131.18/audio/200321GATO.mp3

Leo, un gato en San Valentín. Fotografía: Maite Martinez

Mentres tende eu observo os artefactos eólicos que se fan agora no estaleiro. Son enormes. Preferiría ver un barco pero eche o que hai. A vista dáme ata o outro extremo da ría. Desde aquí vese o mosteiro do Couto e enfronte o Pazo da Mercé. Disque van ampliar o paseo marítimo ata unir Fene e Neda, pero non sei cando será.

Sociedade

Publica o teu comentario agora