ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Recta final da cuarta campaña de escavacións arqueolóxicas no Castro de Esmelle. Os traballos céntranse en deixar á vista o principal acceso a un castro da Idade de Ferro moi ben conservado grazas a que quedou á marxe da actividade humana. “Está entre os castros relevantes da arqueoloxía de Galicia, fala dunha cultura máis sofisticada do que no principio se pensaba”. Así o indicou en Radio Fene o profesor Juan Luis Montero Fenollós que dirixe a escavación xunto co investigador do Instituto de Ciencias del Patrimonio do CSIC Samuel Nión Álvarez

“Todo xacemento arqueolóxico é unha caixa de sorpresas”, relata o Juan Luis Montero Fenollós, director da Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial da Universidade da Coruña e o Concello de Ferrol, e profesor da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial. Destacou a “monumentalidade deste enclave castrexo”, moi ben preservado, grazas a que na zona non houbo actividade humana. “O peor inimigo do patrimonio é a actividade humana que produce destrución, intencionada ou non”, explica o codirector da escavación que se atopa aínda nunha fase inicial. “Son dúas hectáreas, queda moito por facer e o xacemento vai pedindo o seu ritmo”. Unha vez rematada a campaña no castro, comezará o traballo menos visible pero fundamental de estudar todo o atopado.
Visitas ao Castro
“Ás veces temos idea que o urbanismo veu con Roma, pero aquí vemos unha planificación do espazo dunha comunidade que decide ocupar un territorio, o chamativo é ver como se planifica, como se vive”. Quen queira saber máis pode participar nas visitas guiadas gratuítas previstas para o xoves 30 e o venres 31 de xullo. O punto de encontro será o local da Asociación de Veciños Val de Esmelle.
Publica o teu comentario agora