Sotavento celebrou os “European solar days”

Sotavento celebrou os “European solar days”

22 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Fundación Sotavento Galicia participou, por segundo ano consecutivo, nos “European Solar Days”, que se celebraron do 12 ao 22 de Maio e que están coordinados en España pola Asociación Solar de la Industria Térmica (ASIT), en colaboración coa European Solar Thermal Industry Federation (ESIT), European Photovoltaic Industry Association (EPIA) e outras 20 organizacións.

O obxectivo perseguido coa organización deste evento foi o de dar a coñecer a enerxía solar mediante a súa difusión nos medios de comunicación, para así estimular a conciencia pública sobre a importancia do uso da mesma.

 

As actividades organizadas en Sotavento estiveron dirixidas a un amplo rango de idades e colectivos, e destacaron a degustación – demostración das posibilidades dunha cociña solar cedida pola Fundación Terra, así como unha Exposición de Maquetas e Xoguetes Solares.

Tamén houbo xornadas adicadas a alumnos de Primaria e de Secundaria, con programacións específicas para cada tipo de colectivo. O fin de semana do 16 e 17 de Maio celebrouse unha xornadas de portas abertas no Parque Eólico Experimental Sotavento, dirixidas ao público en xeral, con visitas guiadas centradas nas instalacións solares, tanto térmicas como fotovoltaicas.

Sociedade