Sotavento mellora a súa Web para celebrar o Día Mundial da Eficiencia Enerxética

Sotavento mellora a súa Web para celebrar o Día Mundial da Eficiencia Enerxética

05 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Fundación Sotavento puxo en marcha unha nova zona interactiva na súa web, www.sotaventogalicia.com, para conmemorar a celebración do Día Mundial da Eficiencia Enerxética que se celebra hoxe. Esta nova sección permitirá aos internautas medir empíricamente os consumos enerxéticos que xera no seu fogar, tanto no que se refire ao uso dos aparatos domésticos com

A aplicación “Aforro no uso iluminación”, permitirá comparar os distintos parámetros eléctricos dos principais sistemas de iluminación. Ademais, calcula o aforro económico e medioambiental asociado ao troco de lámpadas convencionais por lámpadas máis eficientes, e permite extrapolar estes datos a nivel galego e español.

Co programa “Consumo en espera e oculto no fogar” o usuario comprobará os consumos de diferentes aparatos domésticos que quedan incorrectamente apagados. Tamén pode calcular o custe económico e ambiental que supoñen estes consumos na vida cotiá.

A través desta iniciativa, Sotavento pretende amosar a capacidade que ten cada persoa para loitar contra o exceso de consumo e promocionar a necesidade de reducir as emisións contaminantes á atmosfera sen baixar a calidade de vida.

Pero esta no é a única novidade que se incorpora á web. Outra das novidades é a posibilidade de descargar diferentes Publicacións didácticas elaboradas por Sotavento e que están relacionadas coas enerxías renovables e co aforro e eficiencia no uso dos recursos. Tamén se inclúe unha nova área de Formación, desde a que se pode acceder ás propostas formativas da Fundación.

Este é o terceiro ano que a Fundación Sotavento participa neste Día Mundial da Eficiencia Enerxética con distintas actividades destinadas a promover a reflexión sobre os nosos hábitos fronte ao uso sostible e racional da enerxía,

Sociedade