ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Tres goles como tres soles. Rocío, Noa e Carla marcaron este domingo no Cadaval e déronlle os tres puntos merecidamente ao Perlío feminino no partido da Terceira División Galega disputado contra o Estrella A Solaina. “O equipo saíu polos tres puntos desde o principio”, resume Rafa Afonso, adestrador do Perlío.

“Encontro duro e disputado, hai que sumarlle a calor que facía na mañá do domingo no Cadaval”, explica Rafa Afonso. Moi satisfeito co xogo do equipo “Soubo ler o partido á perfección, sabíamos do perigo do Estrela e fomos quen de non sufrir en exceso defensivamente.”, relata o míster. “Quédome moi contento coa actuación do equipo, viñamos do chasco das Pontes na casa,dun tempo para aquí máis notase na confianza das rapazas”.
Publica o teu comentario agora