ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene acondicionou o camiño de Souto Vello na parroquia de Limodre. Os traballos contemplaron o aglomerado con rego asfáltico.
O Concello de Fene, a través da Concellería de Servizos, vén de concluír os traballos de acondicionamento do camiño de Souto Vello, na parroquia de Limodre. Un vial duns 200 metros que dá servizo a varias vivendas e no que a administración local investiu unha partida de 5.500 euros procedentes de fondos propios. A actuación facíase necesaria polo seu pésimo estado de conservación, máis nos meses de choiva, xa que o vial era de terra. A intervención contemplou o acondicionamento da vía mediante rego asfáltico.
Publica o teu comentario agora