Spanish dream, un proxecto de Cadelasverdes

Spanish dream, un proxecto de Cadelasverdes

05 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O colectivo Cadelasverdes, formado por tres arquitectas, Ana Amado, Marta Marcos y Luz Paz, presenta mañá na Galería Sargadelos de Ferrol un proxecto artístico ben novidoso e atractivo. Denomínase Spanish Dream. Un proxecto que nace dunha reflexión crítica desde a arquitectura, sobre a crise económica no Estado español. Xa o título alude ao American Dream (o soño americano) como símbolo dos desexos deste país: ter

Asistimos a unha situación de crise internacional. En España, esta circunstancia véuse acentuada pola famosa burbulla inmobiliaria. Os arquitectos, como colectivo, xogaron un papel activo na construción desenfreada de vivenda. Aínda que parte destas vivendas non chegaron a construírse, o territorio viuse invadido por obras que quedaron sen terminar.

Spanish Dream crea escenografías ficticias nas que cidadáns comúns realizan actividades domésticas en espazos de vivendas que a crise deixou sen rematar. O proxecto, que coñeceremos mañán na Galería Sargadelos, alude especialmente ao emocional, recreando escenas familiares en espazos en obras inconclusas, cun aspecto pouco doméstico e que probablemente nunca chegarán a telo.  Estas escenografías creadas con mobiliario e actores sobre espazos abandonados son fotografadas. As imaxes son o resultado final do proceso e as que mostrará  a exposición.

O proxecto desenvolveuse en distintas ubicaciones en Galicia. Con todo as arquitectas buscaron, de forma consciente, a deslocalización xeográfica do espazo. Spanish Dream é un proxecto artístico do colectivo Cadelasverdes.

Sociedade