ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Igrexa de Santa María de Lagostelle acollerá, o domingo 19 de xullo, o concerto da soprano Mercedes Hernández e do tiorbista Fernando Reyes, que interpretarán música do compositor italiano Claudio Monteverdi. O concerto é parte do programa da Consellería de Cultura e do Xacobeo 2010, Via Stellae.
Hernández e Reyes interpretarán algúns exemplos de Scherzi xunto con motetes sacros, da colección do compositor italiano coñecida como Selve morale e spirituale. Pero tamén haberá espazo para fragmentos destacados das súas óperas Orfeo e L¹incoronazione de Poppea.
Os composteláns Mercedes Hernández e Fernando Reyes forman parella artística desde a fundación de Resonet, alá polo ano 1989. Ambos son dous dos músicos galegos que colaboran máis estreitamente co Via Stellae, para o que cada ano, desde a creación do festival, preparan novos proxectos, como o que este ano dedicouse a Monteverdi. A soprano Mercedes Hernández e o tiorbista Fernando Reyes especializáronse en música antiga nos prestixiosos centros de Toulouse (Francia), Trossingen (Alemaña) e Basilea (Suíza). Colaboran habitualmente con distinguidos especialistas (como Jordi Savall, Martin Gester, Gabriel Garrido, etc.), ofrecen numerosos concertos por toda Europa e desenvolven unha intensa actividade de investigación dedicada á recuperación da música vencellada a Galicia, a peregrinación e os Camiños de Santiago como demostran as aplaudidas gravacións discográficas do seu grupo Resonet.