ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Acabaronse os anegamentos diante da farmacia de Maniños.

Solucionouse o problema dos anegamentos de auga fronte á Farmacia de Maniños. O concello investíu 3.300 euros nas obras para nivelar a beirarrúa e repoñer as losetas. Nos días de choiva, os veciños e veciñas de Maniños xa non terán que entrar con botas de auga para acceder á Farmacia nin evitar a
beirarrúa da estrada da Palma situada no fronte. A Concellería de Servizos vén de concluír os traballos para evitar os anegamentos de auga neste espazo derivados do afundimento da vía. As obras serviron para nivelar a beirarrúa e proceder á reposición das losetas nun treito pois moitas delas estaban desprendidas ou danadas.
Publica o teu comentario agora